Thursday 02 de May de 2024

Novo curso de autodefensa para mulleres


 

Terá lugar en Ordes os días 21 e 25 de outubro. Aberto o prazo de inscrición
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes convoca un novo curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas. Este terá lugar en Ordes os días 21 e 25 de outubro de 9.30 a 11.30 horas, concretamente no local cultural situado na rúa Reconciliación.
Para inscribirse as persoas interesadas poden facelo acudindo ás oficinas do CIM, situadas nos baixos da alameda de Ordes, chamando ao 981682108 ou ben a través do correo electrónico cim@mancomunidadeordes.gal.
O dito curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Loita, ademais de contar tamén coa participación do Ministerio da Presidencia, Relación coas Cortes e Igualdade, así como coa Academia Galega da Seguridade Pública.